Algarada

O grupo de gaitas ALGARADA pertence á localidade de Nigrán (Pontevedra). Leva anos en funcionamento, aínda que os seus integrantes foron variando co paso do tempo, mantendo e incluso mellorando a calidade da súa música. Actualmente consta de catro gaitas, un tambor e un bombo.

O seu centro de ensaio se sitúa en Priegue, no Centro Cultural O Torreiro de Priegue. Así mesmo, nestos últimos anos se creouse unha páxina web para a consulta de tódalas actividades que realice o centro cultural http://www.otorreiropriegue.com/, incluíndo as do grupo de gaitas, axeitándose as novas tecnoloxías e á innovación.

Se queredes concertar algunha actuación social ou para un centro privado, bodas, aniversarios, furanchos, etc, podedes poñervos en contacto con nós sen ningún problema. Estaremos encantados de disfrutar con dunha gran gaiteirada.

Contactar con nos se queres asistir a un ensaio e ver como somos detrás das actuacións. Teremos sempre ás portas abertas.

Empregar esta dirección para contactar con nós: algarada@outlook.es

A nosa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/grupoalgarada

Un saúdo.

Atentamente o grupo de gaitas do Algarada de Priegue.

Algarada


Deixar un comentario